Cospedal financia a Cope con 750.000 euros de diñeiro público

De acordo cunha información publicada polo Diario de Castilla-La Mancha, a campioa da austeridade destinou 750.000 euros a engraxar as arcas da cadea dos bispos.
Cospedal
photo_camera Cospedal

Cospedal corta en servizos públicos, mas é pródiga coas emisoras amigas, nomeadamente coa que se move ao compás das sotanas.

Diario de Castilla-La Mancha publicou na súa edición de onte unha información segundo a cal a Fundación para a Promoción de Castela-A Mancha (pública, controlada polo goberno que dirixe María Dolores de Cospedal) tería suscrito convenios coas distintas estacións da Cope no seu territorio a razón de 150.000 euros por 5 días de emisión de espazos publicitarios. Isto é, 30.000 euros por día.

A adxudicación tería sido feita polo método dixital, isto é, polo método do dedazo.

Difícil de explicar este tipo de prácticas vindas dunha política que se autodefine como liberal e contraria á intervención pública -aos subsidios- na economía.

Comentarios