O Constitucional austríaco anula os resultados das presidenciais

A sentenza obriga a repetir a segunda volta en todo o país.  

Van der Bellen
photo_camera Van der Bellen

O Tribunal Constitucional austríaco vén de ditar sentenza a respeito do recurso presentado polo partido da ultradereita FPÖ coa que anula os resultados electorais das Presidenciais e obriga a convocar de novo a segunda volta na que gañara, por unha marxe mínima de votos (30 mil), o candidato verde, Alanxander Van der Bellen, fronte ao ultradereitista, Norbert Hofer

A impugnación baseouse en supostas irregularidades no reconto. Previsibelmente as eleccións terán lugar neste outono. 

Comentarios