mércores 14/04/21

A Comunidade de Madrid sopesou mercar a vacina Sputnik V á marxe do Goberno español

Fontes do goberno rexional admiten manter tres reunións con representantes da vacina rusa.

A presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, na presentación dunha campaña de concienciación sobre o virus (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
A presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, na presentación dunha campaña de concienciación sobre o virus (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)

A Comunidade de Madrid valorou a posibilidade de mercar a vacina rusa Sputnik V contra a Covid á marxe do Goberno español. Segundo o diario ABC e confirmado por fontes do Goberno rexional, o conselleiro de Sanidade de Madrid mantivo tres reunións con representantes da vacina rusa.

Unha delas foi o 11 de febreiro, "a petición da firma". "É deber do conselleiro de Sanidade, Enrique Ruiz Escudero, explorar as negociacións ante a ineficacia do Goberno", de Pedro Sánchez, dixeron fontes do executivo de Isabel Díaz Ayuso.

A Comunidade de Madrid di que a idea era "facilitar un acordo de pre-compra beneficioso para todo o Sistema Nacional de Saúde e en igualdade de condicións para todos os españois".

Tratábase de gañar tempo para negociar e esperar a súa aprobación pola EMA [Axencia Europea do Medicamento] ", din, para ter deste modo todas as posibilidades abertas no futuro na loita contra a pandemia, sempre dentro do marco estatal de vacinación ”.

comentarios