sábado 29.02.2020
América Latina

Colombia: un goteo de mortes

2020 comezou en Colombia co asasinato de dúas líderes sociais e dous labregos. A incesante violencia responde a varias causas e para Victorino Pérez Prieto, coñecedor de primeira man da situación no país, "pon de manifesto a falsidade do proceso de paz". 
O presidente de Colombia, Juan Manuel Santos, e o líder das FARC, 'Timochenko', na sinatura dos acordos de paz de 2016, na Habana (Europa Press)
O presidente de Colombia, Juan Manuel Santos, e o líder das FARC, 'Timochenko', na sinatura dos acordos de paz de 2016, na Habana (Europa Press)

Segundo un informe elaborado pola Misión de Verificacións das Nacións Unidas para o proceso de paz en Colombia, feito público o pasado 31 de decembro, desde novembro de 2016 ─data dos acordos de paz entre o Goberno e as FARC─ contabilizáronse un total de "303 asasinatos de defensores de dereitos humanos e líderes sociais, 86 dos cales ocorreron en 2019 (incluídas 12 mulleres)".

No mesmo informe tamén se contabilizou o asasinato de 77 ex guerrilleiras e ex guerrilleiros das FARC (alén de 14 desaparicións e 29 intentos de homicidio). Unha cifra que contrasta cos 65 rexistrados en 2018, e os 31 en 2017.

Alén do enfrontamento militar, o asasinato acabou por se converter nunha rápida forma de solucionar problemas en Colombia, un país inundado de armas. "Por menos de 300 euros pódese contratar un sicario", afirma Pérez Prieto.

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

comentarios