mércores 15.07.2020

Chomsky, Klein ou Haddad apoian o movemento Internacional Progresista

O proxecto, impulsado por Yanis Varoufakis e Bernie Sanders, presentou nesta segunda feira a súa web.
Yanos Varoufakis, un dos impulsores do movemento (Isabel Infantes / PA Wire)
Yanos Varoufakis, un dos impulsores do movemento (Isabel Infantes / PA Wire)

A Internacional Progresista, froito da la alianza entre o Movimiento para a Democracia en Europa (DiEM25), nacido en 2016 e que o ex ministro grego Yanis Varoufakis cofundou, e o Instituto Sanders, creado en 2017 pola muller e o fillo do senador demócrata Bernie Sanders, presentouse onte en sociedade avalado por 40 intelectuais de todo o mundo, entre os que destacan Noam Chomsky, Naomi Klein ou Fernando Haddad.

O proxecto defende un mundo democrático, igualitario, solidario, ecolóxico, pacífico e poscapitalista, cunha economía colaborativa. Consideran as persoas impulsoras que a crise económica e sanitaria actual revelaron a necesidade de todos os progresistas se uniren para defender a sanidade pública universal, a protección dos dereitos das traballadoras e dos traballadores e a cooperación internacional.

A Internacional Progresista busca "fomentar a unión, coordinación e mobilización de activistas, asociacións, sindicatos, movementos sociais e partidos en defensa da democracia, a solidariedade, a igualdade e a sustentabilidade", sinalaron no lanzamento onte da súa web.

O proxecto está financiado exclusivamente con doazóns e achegas individuais dos seus membros. Está previsto que este ano se desenvolva o seu primeiro congreso na cidade de Reikiavik, en Islandia. 

comentarios