Casado anuncia que o PP mudará de sede e fechará Xénova

Comparecencia de Pablo Casado. (Foto: Jesús Hellín / Europa Press)
Por estar a actual sede estatal do Partido Popular baixo investigación.

O líder do PP, Pablo Casado, asegurou que os resultados do PP nas eleccións catalás explícanse pola "intervención da Fiscalía" e as filtracións do caso Bárcenas, "unha estratexia que foi efectiva" desde que entón o PP "caeu".

Afirmou que os escándalos do pasado non afectan en absoluto á dirección actual e que non darán explicacións sobre o pasado, pero anunciou que o PP pechará Xénova e cambiará de sede, xa que esta está baixo investigación.

Casado sinalou que os resultados electorais en Catalunya non se poden extrapolar á política española. Anunciou un plan de estratexia para fortalecer o PP en Cataluña, que será "a longo prazo".

Díxoo ante o comité executivo do partido, que se reuniu esta terza feira, coa presenza do presidente do PP de Catalunya, Alejandro Fernández. Casado expresou o seu apoio ao seu candidato, o Fernández, a quen cualificou de "bo xestor e brillante parlamentario".