O cardeal Cañizares, protagonista nas redes pola súa forma de rexeitar a lei da eutanasia

O relixioso compartiu protagonismo co futbolista -pois este último estaba de aniversario- levando o apelido a converterse nun dos temas máis comentados en Twitter durante algunhas horas.
Imaxe de arquivo do cardeal. (Foto: Alberto Sáiz / Europa Press)
photo_camera Imaxe de arquivo do cardeal. (Foto: Alberto Sáiz / Europa Press)

O Congreso deu onte un paso máis cara a consecución de que a eutanasia sexa legal no Estado Español. Cos votos en contra de Vox, O PP e a formación navarra UPN deuse un pulo á Lei Orgánica para a Regulación da Eutanasia.

Con 198 votos a favor e 138 en contra non era inesperado que xurdiran as diferencias de pareceres tamén nas rúas e nas redes sociais. Para mostra unha curiosidade: o trending topic de Twitter co cardeal Cañizares como tema de moda.

Malia que a normativa ten un camiño por diante e debe obter a aprobación do Senado, entre outras fases, ao saber o resultado da votación o polémico cardeal impuxo que as bandeiras ondearan a media asta e que os edificios relixiosos de Valencia amosen lazos negros en sinal de rexeitamento.

O arzobispo solicitou idéntico comportamento ás e aos seus fieis, co que o debate non tardou en xurdir nas plataformas sociais levando o cancelo #Cañizares moi alto nos asuntos a tratar. Se ben é certo que coincidiu co aniversario do porteiro de fútbol do mesmo apelido e a atención foi compartida, a reacción do cardeal trouxo todo tipo de comentarios.

“O neno Cañizares, cando fixo a primeira comuñón... Son os mesmos da TV13 e o seu principal obxectivo é o fascismo. Eu nunha a vin pero, segundo informacións, son fachas, foron axudantes do ditados de 1939 e seguen. Unha preciosidade de demócratas!”, indicaba unusuario nunha mensaxe bastante incendiaria.

Outra persoa reflexionaba sobre a decisión preguntándose por que non se fan mostrar de dor “polas vítimas inocentes en manos de pederastas eclesiásticos! Hai que deixar de sufragar a estes vividores!”.

“Encántame a situación. Xa está ben de dicirlle aos demáis, no nome de Deus con toda a cara ademais, o que podemos ou non podemos facer. Estos non entenden máis que de diñeiro e poder. Moi lonxe da mensaxe do seu líder”, engadía outra comentarista. Mesmo houbo quen mirou a hemeroteca para falar doutras consideracións pasadas de Cañizares como que “o de violar nenos non era tan grave”.

No entanto, tamén tivo defensores. “O que fixo o cardeal Cañizares, deberían facelo en toda España”, sostiña unha persoa noutro comentario. Mentres a catedral de Valencia escribía que a misa deste domingo do arzonispo vaise destinar a “rezar polas familias e en defensa da liberdade educativa”.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios