Cando as intervencións ‘humanitarias’ son militares
A defensa dos dereitos humanos ten sido utilizada de maneira reiterada como coartada e escusa para xustificar intervencións militares. A “responsabilidade de protexer” invocada polas principais potencias para lexitimar as súas agresións encobre finalidades que teñen a ver máis co económico e o xeopolítico que co humano. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 315 de Sermos Galiza.
O activista belga Jean Bricmont definiu esta nova concepción como “imperialismo humanitario”, que en síntese vén a referir o uso dos dereitos humanos como coartada para lexitimar socialmente a guerra. A partir da súa obra [Imperialismo humanitario. El uso de los Derechos Humanos para vender la guerra; 2008, Ed. El Viejo Topo.], o sociólogo Noam Chomsky alertaba de que no actual contexto de hexemonía mundial dos EUA o “imperialismo humanitario” é apenas o feito dos Estados poderosos “reclamar o dereito ao uso da forza porque ‘o cren xusto’, co que de maneira moi regular e predicíbel perverten “a propia administración de xustiza”.
[Podes ler a reportaxe íntegra no número 315 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]