A batalla polo relato deixa acusacións á China de mala xestión e de ocultar datos

Nos últimos días, coincidindo co envío a Europa por parte da China de material para frear a pandemia,  comezaron a abrollar informacións sobre o rol do Goberno chinés nesta crise. Por unha banda, acusándoo de provocar o brote debido ás condicións de insalubridade dos coñecidos como "mercados húmidos"; pola outra, de ocultar a cifra real de mortos.
2/29/2020 - San Francisco, Calif., USA: Hundreds take to the streets protest against racism in the Chinese community during a march down Grant Avenue from Chinatown's Portsmouth Square to Union Square in San Francisco, Calif. Saturday, February 29, 2020. Racism against the Chinese community has increased since the discovery of the first Coronavirus outbreak in Wuhan, China has spread globally. (Jessica Christian / San Francisco Chronicle / Contacto)
ONLY FOR USE IN SPAIN

2/29/2020 - San Francisco, Calif., USA: Hundreds take to the streets protest against racism in the Chinese community during a march down Grant Avenue from Chinatown's Portsmouth Square to Union Square in San Francisco, Calif. Saturday, February 29, 2020. Racism against the Chinese community has increased since the discovery of the first Coronavirus outbreak in Wuhan, China has spread globally. (Jessica Christian / San Francisco Chronicle / Contacto)

4/3/2020 ONLY FOR USE IN SPAIN
photo_camera Manifestación na cidade californiana de San Francisco, nos Estados Unidos, en contra do racismo, a semana pasada (POLARIS)

Segundo os últimos datos oficiais ofrecidos onte pola Comisión Nacional de Saúde, o novo coronavirus SARS CoV-2 provocou a morte de 3.322 persoas na China. Un dato que contrasta cos até 50.000 decesos que apuntan outras informacións. Estas comezaron a circular nas redes sociais, mais acabaron por ser recollidas por medios reputados. 

Por exemplo, o francés Le Nouvel Observateur facíase eco esta semana das acusacións, citando á súa vez outros medios como The Shanghaiist e Bloomberg, que informaron dunha inusual e masiva chegada de urnas funerarias aos oito crematorios da cidade de Wuhan, epicentro do coronavirus. Tamén de largas colas para, tras varias semanas de confinamento, recoller as cinzas dos seres queridos. 

A suposta ocultación de datos fíxose 'oficial' despois de que medios estadounidenses como o New York Post, CNBC ou Foreign Policy recollesen esta semana a información facilitada por ─de novo─ Bloomberg, asegurando que os servizos de intelixencia dos EUA entregaran un "informe secreto" á Casa Branca que así o certificaba. Non obstante, as fontes ─sinalaba Bloomberg─ "pediron non ser identificadas" e "declinaron detallar o contido do informe".

Outros medios como The Washington Post tamén especularon coa posibilidade da ocultación de datos, mais fixérono en base á actuación inicial do Beijing ante o brote e á habitual opacidade que caracteriza o Partido Comunista da China (PCCh). 

Medidas agresivas

Na opinión de Xulio Ríos, director do Observatorio da Política Chinesa, "o problema cos cómputos dáse non só na China". "Chama a atención o baixo número de mortos, mais tamén hai que dicir que as medidas adoptadas en Hubei foron máis duras que as aplicadas en calquera outro país", sinala, e apunta outros factores que o poderían xustificar, como que a esperanza de vida é mais baixa, "co que menos xente maior de 80 anos acaba nas UCI", ou pola gran mobilización de recursos sanitarios, "con máis de 40.000 médicos de toda a China trasladados a esta provincia". 

"Unha explicación das estimacións pode ter que ver co feito de que nos primeiros días da corentena faleceron moitas persoas antes de recibir os tests e polo tanto non serían contabilizadas", explica Ríos, que en todo caso cre que, de seren certas, "suporían un serio problema para o PCCh, que tenta presentar a xestión como modélica". Mais "neste momento non estamos en condicións de afirmar unha cousa ou a outra", conclúe.

O Goberno da China respondeu esta semana ás denuncias ─informou a axencia Xinhua─ citando o estudo publicado en marzo pola revista científica estadounidense Science, onde se afirma que as "medidas agresivas da China frearon o coronavirus". É dicir, romperon a cadea de transmisión e compraron tempo valioso a outras cidades fóra da provincia de Hubei

Mais as actuacións nos primeiros momentos por parte do Goberno están aí. O caso do finado médico Li Wenliang, que tentou advertir sobre o brote, provocou un nivel de indignación pública sen precedentes na China. 

"É evidente que houbo desacertos graves, mesturando incompetencia, tendencias represivas habituais, obsesión pola estabilidade... Mirouse para outro lado", afirma Ríos, que explica que "a esa fase controvertida seguiu outra reactiva, con medidas draconianas". "Agora estamos nunha terceira, onde é a China quen lidera boa parte do combate a nivel global", engade. 

Racismo

"Deixando de lado teorías conspirativas sen fundamento científico, o virus non ten nacionalidade. Cualificalo de 'chinés' estigmatiza todo un pobo e si pode alentar a xenofobia. O virus foi descuberto na China mais hai varios epidemiólogos que sosteñen a súa existencia simultánea noutras partes do planeta", reflexiona o analista internacional.

Neste sentido, a ONU alertaba esta semana do incremento de ataques verbais e físicos contra cidadáns chineses en varios países, así como das actitudes de líderes e formacións políticas que aproveitan os medos que rodean a pandemia para criminalizar certas comunidades.

Donald Trump decidiu nos últimos días deixar de usar o termo "virus chinés" para se referir ao coronavirus. Teimaba en chamarlle así, ao tempo que presumía da súa boa amizade con Xi Jinping. "É o seu estilo, ben coñecido. Como se dicía no Padriño (The Godfather, 1972): 'non é nada persoal, son só negocios'", ilustra Xulio Ríos, que considera que a pandemia "vai exacerbar a tensión entre os dous países", e "converterse no Chernobyl de Trump e non do PCCh, como algúns vaticinaban".

O perigo dos mercados de animais salvaxes

O comercio de animais salvaxes é un costume que xera rexeitamento en Occidente. Os científicos Jared Diamond e Nathan Wolfe, nun artigo publicado orixinalmente en The Washington Post, apuntaban que para evitar a próxima pandemia cumpría pechalos. Se ben Beijing deu pasos nos últimos tempos para a eliminación da venda como alimento, aínda se manteñen para o uso medicinal. "Os animais salvaxes constitúen unha parte da súa cultura, máis importante que o queixo e o viño tinto para os franceses", sinalaban os expertos.

Confírmao Xulio Ríos: "O problema fundamental non é tanto a vertente alimentaria, que tamén, como a importancia para a medicina tradicional chinesa, unha práctica común noutras sociedades asiáticas". Asegura que hai unha campaña pública de sensibilización en todo o país, e que nos últimos días o Parlamento tratou o asunto. 

Comentarios