A Audiencia Nacional procesa Trapero por sedición e organización criminal

A xuíza Lamela tamén procesa o exdirector dos Mossos, o exsecretario xeral de Interior e una intendente do corpo policial autonómico.

trapero
photo_camera trapero

A Audiencia nacional española procesa Josep lluis Trapero, xefe do Mossos cesado pola 155, polos delitos de sedición e organización criminal, segundo informan desde o alto tribunal español. En concreto, son dous cargos de sedición, un polas protestas do 20 e 21 de setembro no Departamento de Economía, e un segundo polo referendo do 1 de outubro. Porén, Lamela desbota acusalo por un delito de rebelión.

A maxistrada da AN tamén procesa por organización criminal e un único delito de sedición polos feitos do 1 de outubro a Pere Soler, exdirector dos Mossos, así como a Cèsar Puig, secretario xeral de Interior cesado polo 155.

A titular do Xulgado central de instrución citou os procesados para una declaración indagatoria o 16 de abril, após a cal poderá adoptar medidas cautelares en contra destas persoas.

A maxistrada conclúe que Trapero, Soler e Puig facían parte dunha organización criminal onde os procesados obedecen a pautas de subordinación e traballo en grupo ben definidas. Así, mantén que os tres procesados integraban unha organización xerarquizada “baixo unha dirección común en cuxa cimeira estaba o President da Generalitat de Cataluña”.

Comentarios