Atopan o corpo dun menor e buscan o seu pai, arrastrados pola chuvia en Catalunya

Illa lamenta esta morte e afirma que "continúa a investigación dunha persoa desaparecida".

As chuvias provocaron numerosas incidencias en Catalunya. (Foto: Bombers)
As chuvias provocaron numerosas incidencias en Catalunya. (Foto: Bombers)

Os Bombers da Generalitat atoparon este domingo pola noite un cadáver no río de Bitlles, en Sant Pere de Riudebitlles (Catalunya), informaron a través de X.

Atopárono mentres buscan dúas persoas que poden estar desaparecidas en Sant Quintí, tras recibirse informacións sobre un vehículo arrastrado pola auga durante as chuvias.

O presidente da Generalitat, Salvador Illa, lamentou vía X esta morte, enviou o seu pésame á familia e engadiu que "continúa a investigación dunha persoa desaparecida".

Tamén o presidente español, Pedro Sánchez, lamentou esta morte. "O meu máis sentido pésame para a familia e amizadas da persoa falecida polas chuvias en Catalunya. Quero agradecer e pór en valor o traballo dos axentes que seguen activos para localizar unha persoa desaparecida", dixo o líder do Executivo estatal a través da mesma rede social.

A conselleira de Interior, Núria Parlon, confirmou que o cadáver atopado este domingo no río de Bitlles de San Pere de Riudebitlles é o dun menor de 11 ou 12 anos. A persoa desaparecida podería ser o seu pai.  

Parlon dixo que unhas testemuñas explicaron que o condutor do vehículo arrastrado pola auga decidiuse a pasar por un lugar perigoso pola riada, a pesar de que se lle recomendou non pasar. "Unha desgracia grande que nos leva a pedir moita prudencia", tamén porque se avisou destas chuvias durante toda a semana, concretou a conselleira.

O xefe de garda de Bombers, José Luis López, declarara este domingo aos medios que tiñan información dun vehículo con dous ocupantes arrastrado pola auga. "Estamos a facer un despregamento importante de investigación destas dúas persoas", explicou.

O vehículo foi localizado baleiro: "Pode haber indicios importantes de que había dúas persoas, que é xustamente o escenario que queriamos evitar".

Comentarios