Un apagamento eléctrico deixa sen luz a rexión de Cannes na xornada de clausura do festival

Hamnen_Cannes_Mipim_20140312_(13120667594)
Porto deportivo da cidade de Cannes unha imaxe de arquivo (Foto:Wikipedia)

Un extenso corte de electricidade deixou sen luz ao redor de 160.000 fogares da zona oeste do departamento francés de Alpes Marítimos (sueste do país).

A incidencia afecta á localidade de Cannes onde este sábado ten que celebrarse clausura do seu prestixioso festival de cinema coa entrega da Palma de Ouro.

A luz mantense no Palacio de Festivais de Cannes que acolle a mostra de cinema, mais non así no resto da localidade.

Festival de Cannes

A estación de tren de Cannes non conta, tampouco, con subministro eléctrico e xa comezan a rexistrarse atrasos nas liñas ferroviarias.

Un portavoz da prefectura de Alpes Marítimos indicou que o apagamento, que se produciu ás 10:00 horas, afecta a todo o oeste do departamento, limítrofe con Italia.

A Rede de Transporte Eléctrico sinalou que a avaría eléctrica foi provocada polo incendio nunha subestación da rexión de Cannes e o corte nunha liña de alta tensión"

Un voceiro da Rede de Transporte Eléctrico destacou que o incendio que xerou o apagamento comezou perto das tres da madrugada rexión de Cannes e que, por tanto, debilitou a rede”

Comentarios