A CUP será "crítica" co seu si

Quim Arrufat, deputado da CUP, anunciou o voto positivo á Declaración consensuda entre CiU, ERC e IC-V, mais "con críticas" polas renuncias e os perigos que poden acontecer no proceso.
Arrufat da Cup
photo_camera Quim Arrufat na conferencia de imprensa da Cup


Após a reunión o pasado sábado do consello político da CUP, a formación independentista catalá decidiu apoiar en parte a última declaración consensuda entre CiU, ERC e IC-V. En que medida será ese apoio vai ser algo que unha última reunión a realizar esta mesma noite terá que decidir. As últimas informacións son as que a Quim Arrufat, deputado da CUP, fixo públicas nunha conferencia de imprensa no Parlament.

A CUP presentou unha resolución propia cos temas a consensuar co resto de formacións políticas que tamén apostan pola soberanía de Catalunya. Son catro achegas que a formación independentista considera "importantes". A primeira é que unha declaración de soberanía ten que contemplar "unha desobediencia institucional e civil para executar o dereito a decidir malia as negacións antidemocráticas que podan vir do Estado español" ou doutros organismos; o marco nacional son os Països Catalans cun "futuro prometedor" que hai que ter en conta ademais do territorio de Catalunya; deixar fóra do debate estar ou non na UE, "non é un marco democrático e polo tanto non é o único posíbel"; por último a idea de centrar o discurso en que "estamos aquí grazas á mobilización da sociedade que estará até o final se quere ter éxito".

Arrufat: "A UE non é máis que a correa de transmisión da vontade dos mercados financeiros sobre os pobos de Europa"

Os "perigos" do proceso

O si crítico de CUP vén acompañado de "tres perigos" que salienta a propia formación independentista. "Ninguén nos explicou cal é a folla de ruta", asegura Arrufat, "e as negociacións estiveron máis centradas no PSC pola maior cantidade de representación no Parlament". O deputado pola CUP afirmou que " o texto estaba pechado, aberto só a pequenos cambios mais sen introducir os elementos fundamentais que propuxemos".

A CUP pensa que non é positivo que a consulta "teña que ser coas bases do actual autogoberno, coas mesmas persoas e cargos ao tempo que aplican recortes, posto que igual non hai maiorías folgadas o día do referendo" e salientou que este proceso pode durar "dous anos ou máis".

O segundo erro para a CUP sería comezar con renuncias. "Nós non estamos para avalar renuncias, como non nomear os Països Catalans ou poñer primeiro no texto a negociación para ter o permiso para realizar este referendo, vencellada á UE". A formación independentista considerou que "non é casual a adhesión ao principio do europeísmo" xa que que "foi o símbolo deste redactado e temos serias dúbidas". Sobre este ponto Arrufat afirmou que "a UE non é máis que a correa de transmisión da vontade dos mercados financeiros sobre os pobos de Europa" polo que non comparten a súa introdución no documento.

Comentarios