Bélxica investiga o Estado español pola instalación dun xeolocalizador no coche de Puigdemont

O dispositivo permitiu a localización e posterior detención do president na súa viaxe de volta a Bruxelas desde Helsinki. O arresto produciuse no estado alemán de Schleswig-Holstein, que acaba de liberar Puigdemont ao non apreciar o delito de rebelión que lle imputa o xuíz do Supremo Pablo Llarena.

puig
photo_camera Rota seguida por Puigdemont, xeolocalizada polo dispositivo instalado no seu vehículo

As autoridades belgas abriron dilixencias contra o Estado español en relación ao xeolocalizador instalado no vehículo de Puigdemont, segundo avanzou a TV3.

A operación de seguimento e posterior arresto de Puigdemont foi supervisada por unha equipa de no mínimo 12 axentes do CNI, segundo terían informado fontes da investigación á axencia Efe.

De por parte, un xuíz belga decidiu deixar en liberdade e sen fianza os ex consellers Toni Comín, Meritxell Serret e Lluís Puig, sobre os que pesa unha euro-orde emitida polo xuíz Llarena. Non se ditou ningunha medida cautelar contra eles, ao consideraren as autoridades xudiciais belgas que non existe risco de fuga.

Comentarios