Segunda fumata negra: os 133 cardeais electores culminan dúas votacións máis sen acordo para elixir o novo papa

Ás 11.51 horas, após unha segunda e unha terceira votación, volveu saír fume negro da cheminea.
O fume negro sae da cheminea da Capela Sixtina este 8 de maio, na segunda fumata negra. (Foto:  Oliver Weiken / dpa)
O fume negro sae da cheminea da Capela Sixtina este 8 de maio, na segunda fumata negra. (Foto: Oliver Weiken / dpa)

Os 133 cardeais electores, fechados na Capela Sixtina, culminaron esta quinta feira dúas novas votacións sen acordo para escoller o sucesor do papa Francisco. Despois de que esta cuarta, ás 21 horas, aparecese o fume negro tras a primeira votación, ás 11.51 horas deste 8 de maio volveuse producir unha nova fumata negra, o que significa que ningún purpurado obtivo a maioría necesaria para converterse no 267 Pontífice de la Igrexa Católica, nin na primeira nin na segunda votación das catro previstas para esta xornada. 

Atñe o momento, ningún dos candidatos conseguiu a maioría cualificada de 89 apoios, dous terzos dos votos emitidos, polo que tras o xantar en Santa Marta, ás 15.45 horas, sairán de novo cara ao Palacio Apostólico, e ás 16.30 horas entrarán na Capela Sixtina para realizar dúas votacións máis. Se despois deses dous escrutinios tampouco hai consenso, sairá unha terceira fumata negra sobre as 19 horas.

Se, pola contra, nalgunha das votacións desta tarde algún cardeal consegue a maioría necesaria, a fumata branca poderíase adiantarse. En todo caso, calquera horario é estimativo tendo en conta que a primeira fumata negra coñeceuse ás 21 horas deste 7 de maio, dúas horas despois do esperado. Un atraso que, segundo confirmaron a Europa Press fontes da Oficina de Prensa da Santa Sé, debeuse ao elevado número de cardeais electores, un total de 133, a meditación do pai Raniero Cantalamessa, predicador emérito da Casa Pontificia, e o propio procedemento, "que leva o seu tempo".

Primeira fumata negra este 7 de maio. (Foto: Stefano Spaziani / Europa Press)
Primeira fumata negra este 7 de maio. (Foto: Stefano Spaziani / Europa Press)

No caso de que ningún cardeal consiga saír elixido Pontífice nas votacións deste quinta, os cardeais con dereito a voto rezarán as Vésperas na Castela Sixtina e cara ás 19.30 horas, regresarán a Santa Marta. Os días seguintes, seguirase o mesmo proceso de votación e se ao terceiro día aínda non saíu a fumata branca, os cardeais terán un día de pausa para a oración e o libre coloquio.

Se tras catro series de escrutinios non se obtivese resultado positivo, entón, segundo o Motu Proprio publicado por Bieito XVI, os cardeais poderán elixir entre os dous máis votados no último escrutinio aínda que non por maioría senón que de novo deberanse alcanzar "polo menos" os dous terzos dos votos.

Polémica na primeira xornada

A xornada inaugural do conclave comezou con polémica logo de interpretar o grupo de cardeais favorábeis a continuar coas reformas do papa Francisco que hai un acordo entre os tradicionalistas, a Curia e os diplomáticos vaticanos para que Pietro Parolin sexa o seu sucesor co fin de reverter as mudanzas, despois de que na misa previa ao conclave o cardeal Giovanni Battista Re non mencionase Francisco, como si aconteceu en ocasións anteriores, e abrazara Parolin ao remate.

Con todo, o proceso continúa e os 133 cardeais convocados deberán cumprir co xuramento realizado esta cuarta feira segundo o cal se comprometen a "observar coa máxima fidelidade" o secreto sobre todo o relacionado coa elección do novo Papa, tanto durante como despois da elección; xuran non favorecer ningunha interferencia, e cada un promete, en caso de ser elixido, desempeñar fielmente o 'munus Petrinum' de Pastor de la Igrexa Universal.

Respecto a os últimos conclaves, o papa Francisco necesitou cinco votacións e saíu elixido no segundo día do conclave, mentres que Bieito XVI necesitou catro votacións e tamén saíu elixido no segundo día e Xoán Paulo II necesitou oito escrutinios e foi elixido ao final do terceiro día do conclave.

Comentarios