Xa tes un novo número do Sermos, o 29, no teu quiosque!
Un novo número do Sermos Galiza, e xa van 29, está desde esta sexta no teu quiosque. Na análise debullamos que pasou con Novagalicia Banco (NGB) e o que significa que desapareza como entidade financeira independente e galega. Un escenario no que hai intereses, motivos e responsábeis e que comezou coa aposta dos dous grandes partidos españois por finiquitar o sistema de caixas mediante unha estratexia de bancarización e centralización. Un proceso no que perde Galiza, @s posuidores de preferentes, os e as traballadoras da entidade, o tecido empresarial galego... Entón, quen gaña?
Acaba o 2012 e con el un annus horribilis para Galiza en canto a desemprego, cun récord histórico. Os motivos, as causas e as posíbeis solucións, neste Sermos.
Na crónica política falamos do inicio de lexislatura no Parlamento autonómico, onde xa se deixa ver a idea do PP: Reducir o debate ao mínimo e fuxir de dar explicacións. E tamén che contamos as cinco grandes mentiras que, repetidas proxecto tras proxecto polas empresas e avaladas pola Xunta, sustentan o negocio mineiro na Galiza.
Neste número entrevistamos á maxistrada Ana López-Suevos, a unha Nai da Praza de Maio, a Xabier Aboi e a Pemón Bouzas. Aliás, tamén botamos unha ollada ao novo cinema galego que está a traspasar fronteiras.
Alén disto, as seccións habituais de pensamento, opinión, crítica... Como ves, este número vén completiño. Achégate ao teu quiosque a por el