Sermos Galiza vai publicar esta sexta feira, no seu semanario impreso, un poema inédito de Rosalía de Castro.

Rosalía de Castro no cartel do acto de Pontevedra

Un poema inédito do grande símbolo nacional de Galiza vai ver a luz nas páxinas de Sermos Galiza, esta sexta feira nos quiosques.

 

O poema foi achado polo doutor en Filoloxía Románica Francisco Rodríguez no decurso dunha das súas investigacións sobre a obra da autora de Cantares Gallegos.

Rodríguez, un dos maiores expertos en Rosalía de Castro, non dubida á hora de cualificar como moi significativo o poema que agora se resgata para a sociedade galega.

Francisco Rodríguez (Ferrol, 1945), membro do Consello Nacional do BNG, é o autor da primeira tese de doutoramento sobre Rosalía e o seu ensaio máis recente leva por título Rosalía, Estranxeira na súa Patria.