Rajoy recibe “agasallos” en caixas de puros tamén en Ribadumia
Unha caixa de puros con cartos dentro, un dicionario de galego ou un disco de Terbutalina. Son algúns dos agasallos que o presidente do goberno español recibiu na súa chegada a Ribadumia de mans do BNG.
O BNG de Ribadumia preparou, para recibir ao presidente do goberno Mariano Rajoy, unha cesta con produtos co fin de facerlle máis cómoda e agradábel a súa estancia”. Alusivos aos diversos escándalos que salferen a política do PP, a cesta “nacionalista” posibelmente non contribúa a que se realicen os desexos que manifestan no seu descanso vacacional na casa rural que o presidente ten alugada en Ribadumia.
Coñecida a súa afección aos cigarros, que foron tamén protagonistas do caso Bárcenas ao se descubrir que en caixas de puros recibía o presidente os cartos da caixa B, o BNG inclúe na cesta un novo paquete con sobres no interior “para que non bote nada de menos na súa estancia en Ribadumia”. O BNG inclúe tamén un dicionario de galego para que se poda entender “cos indíxenas do lugar e mesmo comezar a dicir algunhas palabras na lingua do país que o viu nacer”.
Unha parra con mildeu para que saiba que non todo o verde son brotes mais un list