Máis de corenta empresas da alimentación participan nun proxecto comercial no Brasil

.

A Asociación Galega de Viticultura, a Rede galega de Empresas e a Asociación Campalgo impulsan un proxecto de comercialización no Brasil no que participan máis de corenta empresas galegas do sector de alimentación. 

Máis de corenta empresas do sector da alimentación participan nun proxecto de comercialización con Brasil promovido pola Asociación Campalgo, Asociación Galega de Viticultura e a Rede galega de Empresas, co apoio da Consellaría de Industria-IGAPE. 

Trátase dun proxecto que quere aproveitar as sinerxías entre autónomos e pequenas e medianas empresas para colaborar na busca de novos mercados internacionais, neste caso con Brasil. A nova iniciativa, que foi presentada nos últimos días, é un proxecto innovador e o primeiro que agrupa a un gran número de pequenas empresas co fin de expandir o seu ámbito de comercialización de maneira conxunta. 

"Apostan por defender unha Marca Galega, “garantía para o éxito e para a boa acollida dos noso produtos” 

O modelo preséntase, segundo as entidades promotoras, especialmente acaído para unha estrutura económica que se artella arredor de pequenas empresas e autónomos que precisa dunha organización en estruturas superiores para se enfrontar a novos retos de comercialización e produción, de maneira especial, nas industrias dedicadas á produción alimenticia. 

O sector alimentario, que ten unha influencia directa na produció

n agrícola e pesqueira, é, segundo destacan,o que está a conservar a poboación no ámbito rural galego e esta é unha das razóns para a súa primordial importancia no desenvolvemento económico, social e cultural galego. A nova iniciativa que ten as súa vista posta no gran mercado brasileiro demostra, como insisten desde as entidades promotoras, “que podemos chegar a todos os mercados si o facemos unidos, tamén nos ten demostrado a boa acollida que teñen os nosos produtos, así como a necesidade de potenciar e camiñar polo mundo baixo un marca distintiva que identifique os nosos produtos como galegos que son”. 

Apostan, desta maneira, por defender unha Marca Galega, “garantía para o éxito e para a boa acollida dos noso produtos” que, ao seu ver, “debe ser potenciada polos poderes económicos e administrativos da Galiza”.