O accidente ferroviario produciuse cando o número 57 de Sermos Galiza xa saíra do prelo
25 de xullo de 2013 (00:36 h.)
O gravísimo accidente ferroviario producido por volta das 20.40 horas aconteceu cando o número 57 de Sermos Galiza xa saíra do prelo.
Tecnicamente non foi posíbel que o número 57 de Sermos Galiza recollera a traxedia de Santiago, cun balanzo de mortos aínda por determinar. A nova entrega do semanario xa fora impreso cando as primeiras noticias chegaron á nosa redacción.
Por suposto, o sinistro e as súas eventuais secuelas será obxecto de atención no número 58.
Sermos Galiza está a informar en tempo real, desde a súa edición dixital, e a rede Twitter, sobre o sinistro.