Xacobe Martínez Antelo: "Galiza leva sendo unha canteira de proxectos jazzísticos interesantes desde hai corenta anos".

De esquerda a dereita, Xacobe Martínez Antelo, Manuel Gutiérrez e LAR Legido, os compoñentes de Sumrrá. Foto: Iván Barreiro
Sumrrá, o trío formado por LAR Legido, Manuel Gutiérrez e Xacobe Martínez Antelo, segue sendo, despois de vinte e un anos xuntos, unha das propostas máis sólidas e inclasificábeis do jazz non só galego, senón peninsular. Cativaron a crítica e público con composicións abertas que recrean con frescura nos seus directos. O interese que espertan en todas as partes levounos a gravar os seus últimos discos cunha casa discográfica de Nova York, mais segundo confesan, o que os segue movendo é a emoción de tocar xuntos. Conversamos con Xacobe Martínez Antelo, baixista da formación, sobre o camiño seguido durante estas dúas décadas e sobre o seu último disco, 7 visións.
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.