mércores 27/10/21

Helena Villar Janeiro: "O audiovisual venceu o espazo pero o libro vence moito mellor o tempo"

Di Helena Villar Janeiro que non escolleu ser mestra. Nin autora de literatura infantil. Ambas as cousas xurdiron. Unha, nun tempo en que estudar, e máis se eras muller, era un luxo. Outra, ao ter fillos nunha cidade nos anos 80. Mais as dúas fixérona feliz e conformaron, tamén, a escritora que é. Que vai máis alá dos libros para a infancia. Poesía, narrativa para persoas adultas, xornalismo, ensaio, traducións e clases de galego por Internet. Todo co mesmo empeño que cando comezou. O Salón do Libro de Pontevedra homenaxeouna pola súa traxectoria.
Helena Villar Janeiro. Foto: Alfredo Iglesias Otero
Helena Villar Janeiro. Foto: Alfredo Iglesias Otero
Como foi a homenaxe do Salón do Libro? O ano pasado o Salón do Libro decidiu homenaxearnos a Kiko da Silva e a min. O acto ía ser o 14 de marzo e o 13 comezou o confinamento, entón houbo que agardar a este ano. Puxéronme un pequeno…

Debes estar rexistrado para ler este contido

Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.

Rexistrarse
comentarios