Diego Martínez, triunfo no sur
Definir Diego Martínez Penas (Vigo, 1980) como o "adestrador de moda" suporía dotar dun matiz de temporalidade e, peor aínda, de casualidade un éxito que é froito de dúas décadas de traballo constante, que comezaron o día no que, con tan só 18 anos, este galego marchou da súa terra
–triste sino da nosa mocidade– na procura dun futuro mellor. Atopouno en Andalucía, onde a base de traballo pasou de dirixir o Cadete 'B' do modestísimo Imperio de Albolote ao Granada Club de Fútbol, conxunto ao que acaba de clasificar para Europa por primeira vez en toda a súa historia.
Definir Diego Martínez Penas (Vigo, 1980) como o "adestrador de moda" suporía dotar dun matiz de temporalidade e, peor aínda, de casualidade un éxito que é froito de dúas décadas de traballo constante, que comezaron o día no que, con tan só 18 anos, este galego marchou da súa terra –triste sino da nosa mocidade– na procura dun futuro mellor. Atopouno en Andalucía, onde a base de traballo pasou de dirixir o Cadete 'B' do modestísimo Imperio de Albolote ao Granada Club de Fútbol, conxunto ao que acaba de clasificar para Europa por primeira vez en toda a súa historia.
