David Rubín. BD galega no mundo

David Rubín (Foto: Manuel Barreiro)
As risadas de David enchen a súa exposición en Afundación na Coruña. Son excesivas como a súa capacidade de traballo, sonoras como o seu éxito e tan rechamantes como o seu estilo gráfico. É un dos autores de banda deseñada máis recoñecidos e premiados, posuidor dun estilo dinámico e flamíxero que o fai inconfundíbel. En 20 anos de traxectoria non parou de medrar até ser un dos grandes nomes no cómic internacional. A súa obra está traducida á meirande parte dos idiomas europeos e goza dun grande éxito no mercado norteamericano. David nunca pasa desapercibido e, aínda que inxustamente ignorada, a xenerosidade deste ourensán é moito máis grande que a súa indómita e, ás veces, polémica personalidade.
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.