A única das 7 cidades galegas sen presenza do imperio téxtil

Zara fecha en Ferrol

A cidade foi unha das primeiras nas que se instalou a marca, que agora xustifica a clausura na “falla de rendabilidade”. O alcalde tratou de convencer Zara de que seguise.

zara

Zara ten máis de 2.000 tendas distribuídas por todo o mundo. A marca é a punta de lanza de Inditex, que posúe 7.292 puntos de venda en 93 mercados nos diferentes continente. Mais Ferrol, una das primeiras cidades onde se instalou Zara, vai ficar sen esta firma, que este sábado bota o feche a tenda que ten na Rúa Real. Ferrol é a única das sete principais ciudades galegas que vai carecer dunha tenda desta marca.

A rendabilidade é o alicerce da decisión do grupo Inditex, que a través do seu director xeral de Comunicacións e Relacións Institucionais informou o alcalde da decisión. “A rendabilidade da tenda non é suficiente para mantela aberta”, segundo declaración que recolle Europa Press.

O rexedor, Jorge Suárez, indicou que tratou de convencer a empresa de que non fechase e continuase en plena cidade, consciente de que a presenza ten un efeito positivo para “o comercio local” -ao exercer un efeito de tracción- e para a dinamización da zona.

Co fechamento, os clientes de cidade e contorna terán que se desprazar a un centro comercial de Narón se queren ir a un Zara.

Ë este un paso nun novo modelo de negocio con concentración de tendas en centros comerciais? O tempo dirao. Só nun ano, de finais de xaneiro de 2016 a xaneiro de 2017, Inditex abreu 65 novas tendas por todo o mundo. Unha expansión que ten o seu reverso no que vai pasar este sábado en Ferrol. 

Comentarios