venres 24/09/21

Xuízo á ex cúpula de Pescanova pola quebra da compañía

Atribúelles até oito delitos: de falseamento de contas, estafa, alzamento de bens, a branqueo e falsidade en documento mercanil, entre outros.

Fernández de Sousa
Fernández Sousa

Javier de la Mata, maxistrado da Audiencia Nacional, ve indicios para xulgar o ex presidente de Pescanova, Fernández Sousa, e outras 18 persoas da antiga cúpula da compañía. Atribúelles até oito delitos: falseamento de contas, estafa, alzamento de bens, branqueo e falsidade en documento mercanil, entre outros.

As persoas acusadas terían, segundo o relato dos feitos da AN, alterado as contas que presentaban ao mercado para evitar que as consecuencias destes movementos se reflectisen na contabilidade e coa fin de que non se rexistrasen nas contas que despois irían á Comisión nacional de mercado de valores (CNMV).

Estas prácticas contábeis “irregulares” terían afectados os exercicios de 2009 a 2012. En febrero de 2013 estoupou a crise de Pescanova.

comentarios