Vinte días de suspensión por se ausentar da liña de produción para ir ao baño

A empresa Faurecia impón a un operario 20 días sen emprego e soldo acusándoo de desabastecer a liña de produción e de se ausentar para ir ao cuarto de baño. A CIG convocou concentración para denunciar os feitos
Concentración ante a empresa
photo_camera Concentración ante a empresa

Un grupo de traballadores e traballadoras de Faurecia-Asientos de Galicia e de delegad@s do sector do automóbil da CIG concentráronse diante da empresa, no polígono de Valadares, para denunciar que a dirección vén de sancionar con 20 días de suspensión de emprego e soldo a un traballador ao que acusa de desabastecer a liña de produción e de se ausentar para ir ao cuarto de baño.

A protesta desenvolveuse coincidindo co cambio de quenda. Os traballadores e traballadoras despregaron unha faixa na que se podía ler "Faurecia-ADG = campo de concentración" e informaron sobre o sucedido aos compañeiros e compañeiras que entraban ou saían das instalacións.

Desde a CIG-Metal sosteñen que o afectado cumpre coa gama de traballo (plano de traballo) estabelecida pola empresa, o que provocou precisamente ocos na liña de produción, polo que consideran que debera de ser revisada.

Comentarios