Unha PAC que non serve ao agro galego
O actual rural galego non se pode entender sen o que nel provocou a PAC, a Política Agrícola Común, ferramenta da Unión Europea que transformou o tecido socioeconómico do agro galego e cuxo impacto mantense na actualidade. A proposta de reforma da PAC presentada pola Comisión europea -con importantes recortes nos fondos- xera preocupación e inquedanza. Esperanzas, poucas. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 297 de Sermos Galiza.
“A PAC é un mecanismo discriminatorio para Galiza a respecto doutras zonas”, sostén Bernardo Valdês, profesor de Economía Aplicada na Universidade de Santiago e que ten analizado polo miúdo a política agrícola comunitaria e o seu impacto no noso país. Criterios que permiten, explica pondo un exemplo, que nas axudas á produción vexetal prime a extensión ou que non sexa necesario desenvolver case actividade nas mesmas. Isto favorece os grandes cultivos de zonas como ambas as dúas castelas.
[Podes ler a reportaxe íntegra no número 297 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]