Salarios en negro na empresa do vice-presidente da CEOE

Traballadoras e traballadores da empresa de Arturo Fernández aseguraron á Cadena Ser que o vice-presidente da patronal española lles pagaba "de maneira sistemática" en diñeiro negro.
Arturo Fernánez, vice presidente da patronal
photo_camera Arturo Fernánez, vice presidente da patronal

O propietario do holding Cantoblanco, vice-presidente da CEOE ex-presidente da patronal madrileña --moi vencellada á dirección do PP nesta comunidade-- tería pagado de maneira sistemática ás súas traballadoras e traballadores en diñeiro negro. O grupo que lidera encárgase do servizo de restaurante na Asemblea de Madrid, do Congreso [email protected] [email protected] e dos Ministerios.

A noticia foi destapada pola cadena de radio SER a partir das testemuñas de diversas traballadoras e ex-traballadores que denunciaron percibir parte das súas retribución en diñeiro negro. Os pagamentos correspondíanse ás horas extras e aos complementos de responsabilidade. Cantidades que mesmo chegaron a supor nalgúns dos casos un terzo do salario total.

Os pagamentos, aseguran nas súas testemuñas as traballadoras e traballadores do grupo Cantoblanco, eran realizados pola xerencia da empresa de maneira mensal e a través de sobres en que se entregaba diñeiro en metálico e a nómina correspondente. Segundo as testemuñas consultadas pola radio española, a dirección da empresa obrigaba @s [email protected] a cobraren así argüíndo que "é a política de Arturo", dicían, "ou en negro ou nada".

A través deste procedemento ilegal o vice-presidente da CEOE evita cotizar á Seguridade social parte das retribucións das persoas que traballan para el, polo que incorrería en delitos contra a Facenda pública e a propia SS. Amais de incorrer nun delito contra os dereitos dos traballadores por lles negar a posibilidade de cotizaren o soldo íntegro. A contabilidade en B, era rexistrada en follas de Excel de acordo cos pagamentos percibidos por cada traballador/a e as horas de traballo realizadas.

As testemuñas recollidas pola SER aseguraron non denunciar antes por medo a perderen o seu posto de traballo. Porén, as consecuencias derivadas deste tipo de prácticas, a respecto da queda que sufrirán no subsidio por desemprego ou mesmo na futura pensión de xubilación [email protected] a denunciar esta práctica ilegal desenvolvida sistematicamente na empresa do madrileño Arturo Fernández.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios