CONSTRUCCIÓN NAVAL

Ritz-Carlon asume o subrecusto do cruceiro de Barreras

O novo propietario do estaleiro Hijos de J. Barreras avanza no acordo coa banca e con Cesce para rematar o cruceiro de Ritz-Carlton e construír a segunda unidade.
Cruceiro de Ritz-Carlton nas bancadas de Barreiras. (Paula Justo / Europa Press)
photo_camera Cruceiro de Ritz-Carlton nas bancadas de Barreiras. (Paula Justo / Europa Press)

Cruise Yacht Upper Holdco Limited (CYUHL), a filial de cruceiros do grupo Ritz-Carlton, anunciou esta sexta feira o feche do financiamento para retomar a actividade no estaleiro vigués Hijos de J. Barreras e asumir o subrecusto do cruceiro Evrima, que supera os 60 millóns de euros. 

Nun comunicado no que non concretaron cantidade económicas nin prazos, a firma sinala que o acordo coa banca e coa Compañía Española de Seguros de Crédito á Exportación (Cesce) permitirá tamén a construción dun segundo cruceiro, xemelgo do Evrima, comprometido o pasado mes de maio.

Douglas Prothero, máximo directivo de CYUHL, agradeceu a traballadores, provedores e subcontratistas a súa “paciencia e apoio”, ao tempo que amosou o seu compromiso en retomar a produción “o máis pronto posíbel”.    

Comentarios