As rías como fonte de riqueza esmorecen
A cesta da compra subiu desde comezos de século entre o 30 e o 50% de media; porén, os ingresos pola venda de marisco nas lonxas sufriu unha baixada, como confirman os dados da plataforma Pescadegalicia, da Consellaría do Mar. Deixamos aquí un extracto da reportaxe publicada ao respeito no Sermos Galiza 237.
“Aí temos unha mina; hai tal cantidade de ameixa que para cubrir o cupo apenas precisamos unha hora de traballo”. Así falaba hai uns anos Fran Martínez, un mariscador da ría de Ferrol, a respeito do banco das Pías, naquela altura o máis produtivo en ameixa babosa de Galiza. Lembraba dese xeito unha época, finais da década dos 90 e comezos da posterior, na que aínda non existía clasificación ningunha das zonas de produción –as que entraron en vigor no ano 2006 por orde da Unión Europea- e a extracción de moluscos bivalvos era, segundo os profesionais do sector, un auténtico maná.
[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 237, á venda na loxa ou quiosques e puntos de venda habituais]