luns 06/12/21

Reganosa exixe nos tribunais 6 millóns de euros ao concello de Mugardos

Por cobros incorrectos do IAE entre 2009 e 2019. O alcalde, que di estar “decepcionado” coa empresa, afirma que esa cantidade “é case o orzamento municipal dun ano, teriamos que recortar e rescindir servizos”.

Reganosa instalacións

Reganosa demanda nos xulgados 6 millóns de euros ao Concello de Mugardos por cobros incorrectos do imposto de Actividades Económicas (IAE) no período entre 2009 e 2019. Unha noticia que o propio alcalde de Mugardos, Juan Domingo de Deus (PP), abordou nunha entrevista na Cadea ser-Ferrol, onde recoñeceu estar “decepcionado” coa actitude da empresa.

O rexedor indica que o Concello limitouse a cobrar a Reganosa o que estipula o propio Estado e incidiu en que a cantidade que pide a empresa, seis millóns de euros, é “case o orzamento municipal dun ano”.

Así pois, de ter que pagala, avisou o alcalde de Mugardos, isto implicaría ter que “recortar e rescindir servizos”. Porén de Deus xa adiantou que “non imos pagar un céntimo até que un xuíz nolo ordene”.

“Pagarían en Mugardos sobre 150.000 e o resto (por volta de 300.000 euros)” en Madrid. É difícil de entender, ten que tributar onde está asentada e onde fai a súa actividade”

“Sorprendido” e “decepcionado” son as palabras que o rexedor emprega para falar da actitude de Reganosa nesta cuestión. “Todos os Gobernos [locais] intentamos que a planta tivese actividade e agora pásannos esta factura”, lamentou. “Reganosa optou por presentar un contencioso administrativo contra o Concello”.

Pagar en Madrid

Segundo o propio xefe do Goberno Local manifestou nesa entrevista, Reganosa mesmo quere pagar en Madrid parte do IAE e non en Mugardos.

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

“Pagarían en Mugardos sobre 150.000 de IAE e o resto (por volta de 300.000 euros)” en Madrid. É difícil de entender, ten que tributar onde está asentada e onde fai a súa actividade”.

Reganosa é un ente público privado no que a Xunta é un dos accionistas de peso. “Falei coa Xunta e expúxenlle todo isto. Creo que debe mediar”.

Reganosa exixe nos tribunais 6 millóns de euros ao concello de Mugardos
comentarios