Récord de beneficios de Caixa Rural Galega

O beneficio neto foi de 5,4 millóns de euros. Os activos da entidade superan os mil millóns.

caixa rural galega

A Asemblea anual de Caixa Rural Galega aprobou as contas de 2018 da entidade, que fechou ese ano cun beneficio récord de 5,4 millóns de euros. As contas recollen activos que superan os mil millóns de euros.

A entidade fechou o exercicio cunha ratio de morosidade do 6,24 % que continúa a súa tendencia á baixa. A ratio de solvencia sitúase en 13,27%, o que lle permite cumprir con folgura os requirimentos normativos. Os depósitos de clientes aumentan en 9,45% e o investimento crediticio en 11%

O presidente da entidade, Manuel Varela, cualificou o exercicio 2018 como o mellor da historia de Caixa, malia ás dificultades do momento, como as incertezas económicas, a inseguridade xurídica ou a persistencia de tipos de xuro extremadamente baixos que dificultan a actividade de intermediación financeira.

Comentarios