A produción ecolóxica superou os 50 millóns de euros de facturación en 2017

O número de operadoras  xa supera as mil no noso país.

photo_camera

A produción ecolóxica en Galiza continúa a sumar bos dados. A produción ecolóxica superou no noso país os 50 millóns de euros de facturación, unha cifra superior á rexistrada no exercicio anterior, 2016, cando foi de menos de 42 millóns de euros –e fora 25% máis que en 2015-.

O número de operadores no Consello regulador de agricultura ecolóxica de Galiza (Craega) supera xa o milleiro. A maioría dos mesmos están na provincia de Lugo (430).  Por actividades, a producción animal e vexetal e as comercializadoras son as que máis destacan.

O Craega ten certificadas por volta de 30.000 hectáreas de terreo. O leite e os seus derivados son os produtos certificado por este selo que teñen máis importancia na facturación. En segundo posto figuran os procedentes de actividade conserveira.

Comentarios