O PP tomba no Parlamento unha iniciativa de apoio a T-Solar entre apupos d@s traballador@s

@s operari@s foron expulsos da tribuna do Parlamento despois de protestar pola intervención do conselleiro de Economía, que rexeitou a proposta de implicar a Xunta e Goberno central na viabilidade deste centro industrial e os seus 170 postos de traballo.

 Debate da iniciativa de T-Solar
photo_camera Debate da iniciativa de T-Solar

Operari@s de T-Solar levaron as súas protestas ao Parlamento Galego coincidindo cunha proposición do BNG para implicar as administracións na permanencia da factoría de paneis solares en Ourense.

A proposta da fronte nacionalista, que solicitou a implicación da Xunta e goberno estatal na viabilidade do centro industrial, contou co apoio dos grupos da AGE e do PSOE e o rexeitamento do PP, que impediu a aprobación da mesma.

O PP rexeita a proposta por "intervencionista"

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, descualificou a proposta que pretendía dar apoio á actividade mediante a implicación do IGAPE ou de "calquera instrumento oportuno a calquera proxecto empresarial solvente". Na quenda de interpelación chegou a tildar de "intervencionista" e "propia doutras latitudes" a proposta mentres apelaba á "libre decisión" do empresariado. Unha resposta que motivou as portestas d@s traballador@s, que foron expuls@s da tribuna.

O cadro de persoal cumpre dous meses de peche reivindicativo en desacordo co desmantelamento da planta, que recibiu cuantiosas subvencións públicas da Xunta antes de efectuar un ERE que afectou 170 empregad@s.

Comentarios