Pharmamar consegue probar a eficacia do Aplidin fronte ao coronavirus

A compañía presidida por José María Fernández de Sousa dispárase en bolsa após dar a coñecer os resultados.
Sede de PharmaMar (Ricardo Rubio / Europa Press).
photo_camera Sede de PharmaMar (Ricardo Rubio / Europa Press).

A cotización de PharmaMar é o máis semellante a unha montaña rusa. Se onte os seus  títulos eran dos que máis caían na desastrosa xornada de bolsa, esta sexta feira as accións revalorizábanse perto de 80% na sesión. O motivo, o éxito acadado nas probas do seu fármaco Aplidin para combatir o coronavirus (COVID-19) e a conseguinte petición para comezar a testar a súa efectividade en doentes afectados por esta patoloxía.

En concreto, os títulos da farmacéutica, que estiveron bloqueados case tres horas,  intercambiábanse a un prezo de 4,39 euros ás 12.05 horas, con una subida del 74,6%.

PharmaMar, que contactará coas autoridades regulatorias para analizar as posibilidades de estudios en doentes infectados coa Covid-19, explicou á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) que "os resultados dos estudos 'in vitro' de Aplidin (plitidepsin) no coronavirus humano HCoV-229E, que ten un mecanismo de multiplicación e propagación moi semellante á Covid-19,  resultaron ser positivos cunha potencia da orde nanomolar".

Un tratamento e un 'kit' de detección

Estes estudos leváronse a cabo no Centro Nacional de Biotecnoloxía do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) polo doutor Luis Enjuanes e as doutoras Isabel Solá e Sonia Zúñiga.

A principios deste mes, PharmaMar xa anunciou que contaba cun composto terapéutico en fase de investigación para tratar o coronavirus co gallo de confirmar o seu funcionamento en "cuestión de semanas".

Así o avanzou nese momento o presidente de PharmaMar, José María Fernández de Sousa, quen explicou que se trataba da aplidina, un medicamento para o cancro hematolóxico.Tamén entón destacou as "altas expectativas" da compañía en que as probas confirmaran a Aplidina como novo "arsenal terapéutico" contra o coronavirus.

Comentarios