O petróleo de EUA esborralla e cotiza en negativo por vez primeira na súa historia

Á caída no consumo súmase que Estados Unidos fica sen espazo para almacenar o seu cru.

pozos petróleo cru
photo_camera Extracción en EUA (Nós Diario)

Os prezos a futuro do petróleo de referencia estadounidense, o West Texas Intermediate (WTI), caeron esta segunda feira a niveis nunca antes visto, chegando incluso a cotizarse en negativo.

A principios do día, o WTI comezara a se cotizar por volta dos 18 dólares estadounidenses pero ao longo da xornada chegou a estar até en -37,63 dólares. En negativo, algo sen precedentes.

Isto significa que os produtores de petróleo pagaron aos compradores para que levasen o produto, temendo que a capacidade de almacenamento do cru se esgotase en maio.

Demanda e almacenamento

Este escenario débese á combinación de dóus factores. Por unha banda a caída da demanda de cru da man da crise provocada polo coronavirus.

Por outra, que os Estados Unidos, que compite por ser o maior produtor do mundo, enfróntase ao insólito desafío de que facer cos hidrocarburos que produce.

Por que? Pois, en resumo, as súas principais instalacións de almacenamento (as máis grandes están en Oklahoma) están practicamente completas e hai temores de que poidan atinxir o seu nivel máximo en moi pouco tempo.


 

Comentarios