O peso dos salarios nos ingresos dos fogares galegos marca o mínimo da serie histórica
Representa 46% dos recursos totais dos fogares mentres as prestacións sociais acadan 21,2%.
O peso dos salarios nos ingresos dos fogares galegos continúa á baixa e queda en 46% en 2023 —último ano con datos fechados—, o mínimo na serie histórica. Así figura nos datos da Conta do sector fogares que publica o Instituto Galego de Estatística (IGE) esta sexta feira, na que se observa unha caída de case tres puntos respecto ao 49,8% que os salarios supuñan no total de ingresos na Galiza no ano 2010.
Actualmente, as prestacións sociais representan 21,2% dos ingresos dos fogares —lonxe do 24,4% que alcanzaron en 2020 pola incidencia da pandemia—, pero un punto por riba de 2010. Experimentan un importante crecemento relativo as rendas da propiedade, ao pasar de 3,2% en 2022 a 5,3% en 2023.
Mentres, os ingresos complétanse con rendas mixtas (13,5%), excedentes de explotación bruto (7,5%) e outras transferencias correntes (6,5%).
Galiza rexistrou unha renda dispoñíbel bruta por habitante de 20.099 euros no ano 2024. A taxa de aforro dos fogares situouse en 10,6% da súa renda dispoñíbel.
