Pescanova pasa a partillar a súa marca ao 50% cun holding estadounidense

Segundo vén de informar Faro de Vigo,  Pescanova modificou a principios de febreiro o rexistro da súa marca para a partillar cunha gran empresa estadounidense

A marca Pescanova, no que atinxe aos países que integran e conforman a Unión Europea, xa non é exclusica desta empresa galega con epicentro en Chapela. O 50% desa marca pertence, segundo vén de desvelar Faro de Vigo, a unha grande compañía de Estados Unidos, Yoshida's Inc. Isto é así, segundo o xornal vigués, desde comezos do pasado mes de febreiro. A nova supón unha nova volta de porca, e non pequena, na polémica xerada polo feito de Pescanova solicitar preconcurso de acreedores.

Yoshida's Inc, aliás, foi adquirida polo xigante estadounidense da alimentación Heinz. O 9 de febreiro, cursouse unha solicitude na Oficina Europea de Marcas e Rexistros (OAMI) pola cal esa marca pasaba ser partillada. Segundo o xornal vigués, a solicitude aínda estaría en fase de estudo.

Pescanova volvía cotizar esta segunda feira en bolsa após a suspensión da sexta feira pasada e o anuncio do preconcurso de acreedores. E non foi un retorno agradábel. En primeiro lugar, pola fervenza de ordes de venda de títulos desta compañía que levou a que só se permitisen as vendas no minuto previo ao peche da sesión. E en segundo lugar, pola quedadas accións: de 17,40 euros a 6.96. Unha desvalorización por volta do 60%.

Comentarios