Perto de 300.000 galeg@s cobran soldos por baixo da cuantía anual do salario mínimo

Os datos da Axencia Tributaria indican que case unha de cada tres asalariad@s galeg@s cobran por baixo dos 9.000 euros anuais
A fenda salarial segue a alargarse
photo_camera A fenda salarial segue a alargarse

A crise está a ser unha oportunidade de ouro para entrar sen reparos nos salarios dos traballadores, nunha liña impulsada pola patronal e o goberno central de  pular por un recorte nos soldos en aras do aumento da competitividade e da saída da crise. En 2011, o salario medio dos e das asalariad@s da Galiza era de 18.271 euros, entrementres no exercicio anterior, 2010, foi de 18.314.

Mais os datos da Axencia Tributaria apuntan cuestións máis que preocupantes. Así, en 2011, un total de 294.652 asalariad@s galeg@s cobraron salarios por baixo da cuantía anual do SMI (Salario Mínimo Interprofesional). Nese ano, o soldo mínimo foi de 8.979,60 euros.

Terceiro territorio do estado con salarios máis baixos

O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou a súa enquisa de estrutura salarial en outubro. Un informe de mercado laboral en que se plasma que Galiza é o terceiro territorio do estado en ter os salarios máis baixos, só superada por Estremadura e Canarias. 

Gabinete Técnico de Economía da CIG, a partir de datos feitos públicos pola Axencia Tributaria, elaborou un documento ao respecto no ano 2010. Destes datos tírase ademais que a mocidade é a máis prexudicada, porque alén de baixos salarios, soporta unhas taxas de paro intolerábeis, a máis de contratos de escasa duración. En gran medida, a realidade laboral padeciza pola xente moza galega débesa ás sucesivas reformas laborais aprobadas polo goberno español de Rodríguez Zapatero e, posteriormente, de Mariano Rajoy.

O 27% das persoas asalariadas en Galiza percibiron como máximo o SMI un 15 % (apenas a metade deste). Conxuntamente recibiron o 6% do total da masa salarial d@s galeg@s. O 1,5% das persoas asalariadas en Galiza de maiores ingresos (máis de 7,5 veces o SMI) percibiu o 7,7% do total das rendas salariais no noso país. Os números falan por si propios: o 1,5% das persoas asalariadas de maiores ingresos acaparan unha maior porción da masa salarial que o 27% de menores ingresos.


Comentarios