As persoas en situación de exclusión financeira aumentaron en Galiza en 49% nesta década

Son 15 puntos máis que a media española. O proceso de concentración e centralización bancaria, responsábel.

Caixeiro

A reestruturación bancaria, cun proceso de concentración e centralización de entidades financeiras, ten diversas consecuencias e efectos. Desde a desaparición en Galiza dun sistema bancario propio até o aumento da exclusión financeira, da man do feche de sucursais e oficinas bancarias.

A propia Unión Europea advirte que é un dos problemas a facer fronte, a exclusión financeira. É dicir, a dificultade de persoas (e/ou territorios) no acceso a servizos e produtos financeiros no mercado xeral. Unha situación que xa afecta a milleiros de galegas e galegos nun mundo onde sen conta bancaria, non existes. Mesmo Wall Street Journal exemplificou o risco da exclusión financeira cunha reportaxe sobre o concello de Larouco.

Entre 2008 e 2016, o número de persoas en situación de exclusión financeira aumentou en Galiza en 49%, 15 puntos por riba da media española, que é de 34%. Son datos dun estudo realizado por Joaquín Maudos, Catedrático de Análise Económica na Universitat de València. Un traballo no que cifra en 43 os concellos galegos onde non hai sucursais nin oficinas bancarias, unha situación na que se atopan máis de 61.000 galegos e galegas.

Entre 2008 e 2018 en Galiza botaron o feche 936 oficinas bancarias, 37% do total das existentes. Unha política das entidades financeiras que deixa corenta concellos galegos sen ningunha oficina para atender os seus case vecinos e veciñas. En 81 municipios hai unha única entidade.

Así pois, 40% dos concellos galegos teñen ninguna ou una oficina bancaria, o quesup´n que os e as clientes fican sen alternativa no seu propio municipio para ter outra forma de consumo ou actividade bancaria.

Comentarios