“Onde está o estatuto electrointensivo?”: centos de traballadoras reclaman perante o Ministerio un futuro para o sector

manife electrointensiva madrid
photo_camera ¡

Centos de traballadores e traballadoras de diferentes territorios do Estado, entre eles Galiza, reclamaron esta cuarta feira nas rúas de Madrid un futuro para a Industria e a adopción de medidas inmediatas para afrontar o alto custo da enerxía e frear os posíbeis peches de plantas, como o prometido estatuto electrointensivo: "Onde está o estatuto, o estatuto onde está?", corearon nas inmediacións do Congreso.

Antes, as traballadoras e traballadores, protestaron ante as sedes dos ministerios de Industria, Comercio e Turismo. A uns 200 metros das portas do Congreso, e fronte a un cordón de valados e axentes de Policía, os manifestantes corearon "Sen industria non hai futuro".

Á marcha acudiron, ademais dos traballadores e sindicatos CCOO e UXT, representantes de diversas formacións políticas, entre elas Galicia en Común. O portavoz, Antón Gómez-Reino, lembrou que levan "moito tempo ao seu lado" e trasladando as súas iniciativas ao Congreso e que lle costa que o Goberno "está a traballar" en ter un Estatuto electrointensivo para presentalo "en próximas datas" e que ofreza unha resposta tanto a "os traballadores" como ás súas familias.

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, considerou unha "tomadura de pelo" que deputados de Podemos participen nunha manifestación facéndolle unha protesta ao seu propio Goberno e advertiu a Sánchez que "xa non ten escusas" para non sacar adiante o estatuto. "Ou que vaia pensando en cesar á ministra de Transición Ecolóxica porque non fai o seu traballo", aseverou.

Comentarios