O segundo accionista de Pescanova denuncia venda de filiais sen informar ao consello

O grupo Damm pregunta onde están os cartos procedentes desas operacións e non descarta emprender medidas legais contra o presidente da pesqueira

Instalacións de Pescanova
photo_camera Pescanova

O grupo cervexeiro Damm, que co 6,18% dos títulos de Pescanova é o segundo accionista da empresa, afirma que se venderon filiais da firma sen consultar nin informar ao consello de administración.

Refírese Damm á filial ecuatoriana de marisco, Promarisco. Tamén quere saber o grupo cervexeiro catalán ondee stán os cartos procedentes desa operación.

Sempre segundo informa a axencia Europa Press, Damm e outros accionistas de Pescanova poderían adoptar medidas legais contra o presidente da firma por mor dalgundas das operacións que se descubriron estes días, como a venda da metade das accións.

Hai que lembrar que a Comisión Nacional do Mercado de Valores rexeitou as contas que a compañía presentou, após dous requerimentos. A CNMV considera que as contas nin aclara a contabilidade do exercicio 2012 nin a débeda que se ocultou. KPMG encargarase, sinala a comisión, de realizar unha auditoría forense. E o presidente da multinaciona, Fernández de Sousa,exponse a unha multa non  preciamente pequena.

Comentarios