O saqueo social non distancia a Rajoy do colapso económico

Case 140 empresas concursadas na Galiza no primeiro trimestre

Mália os recortes sociais anunciados polo goberno de Rajoy, os datos sitúan ao Estado español ao borde do colapso económico cun rescate máis que seguro á volta da esquina. A prima de risco por riba dos 610 puntos e o rescate de Valencia engaden dificuldades á agónica política económica do PP.

 

Os recortes nos dereitos sociais anunciados polo goberno de Rajoy para paliar a crise económica e sortear o previsíbel rescate non están a mudar o camiño cara o abismo no que se sitúa. A prima de risco situouse en 612 puntos, marca histórica de desastre, mentres o goberno da Comunidade de Valencia solicitou o rescate, incapaz xa de facer fronte á débeda que o afoga.

A desorientación do goberno de Rajoy e a desconfianza internacional puxéronse ao ar cos dados que sexta feira se manexaban en todos os medios de comunicación internacional. O Estado español púñase nos índices económicos no posto máis baixo da Europa e auguraba un rescate do que a Rajoy lle vai ser difícil fuxir.

A prima de risco situábase nun insólito 612 co interés ao 7,2% e un Ibex con perdas do 5,8% ademais da solicitude de rescate da Comunidade Valenciana deixaron sen palabras e sen solucións ao goberno do PP que só atinou a xustificar as medidas tomadas ate agora, sen demasiada forza, unha vez anunciaron que a recesión continuará ate 2014 e o desemprego situarase por riba do 20% ate o 2016.