ECONOMÍA

O FROB quer unha rápida privatización de NGB e pide que se venda xa

O FROB quer unha rápida privatización de NGB e pide que se venda xa

Castellano aposta en que fondos estranxeiros (de EUA concretamente) se fagan co 51% da entidade e seguir el de presidente

 

Novagalicia Banco vai ser historia en breve como entidade financeira galega e como banco nacionalizado. O FROB quer unha privatización rápida, xa, canto antes, segundo sinala o Faro de Vigo. Advoga por unha subasta pública. Mentres, o presidente de NGB, Castellano, é partidario de vender o 51% a fondos de EUA e se manter el no cargo.

Non é unha sorpresa o final desta entidade financeira. Cómpre lembrar que no informe económico de 2012, a dirección de NGB recoñecía textualmente: “O escenario máis probábel é a venda a un grupo financeiro de recoñecida solvencia”.

Tamén, e nese mesmo documento, apóntase a que “permita a viabilidade do banco nun prazo indefinido, integrada como filial nun grupo financeiro de recoñecida solvencia, coa marxe de manobra suficiente para xestionar a recuperabilidade".

Situación delicada

Novacaixagalicia banco (NCG) pechou 2012 dunhas perdas de perto de oito mil millóns de euros, segundo a propia entidade financeira recoñece nun comunicado remitido hai unhas semanas á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

Os números vermellos mesmo, antes da devolución de impostos, atinxían os 8.056 millóns de euros. Estes resultados supoñen multiplicar por 42 as perdas que NCG tivo no exercicio anterior, 2011 (186 millóns de euros).

Cómpre lembrar que antidade financeira pechou 2012 cun cadro de persoal na matriz de 5.705 [email protected] e unha rede de 844 oficinas. Desde 2010 despedíuse a 2.011 persoas


 

comentarios