NCG Banco obtén 47 millóns de euros de beneficio nos seis primeiros meses de ano

En menos de dous meses a entidade financeira, ‘saneada’ con centos de millóns de fondos públicos, será subastada polo estado español

NCG Banco obtivo un beneficio neto consolidado de 47 millóns de euros no primeiro semestre de 2013. Unha cifra que contrasta coas perdas por valor de 1.399 millóns de euros rexistradas no mesmo período do ano pasado, segundo comunicou a entidade á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

O banco obtivo un beneficio antes de impostos de 67 millóns de euros, unha cifra que, segundo a entidade, "multiplica por sete as previsións do plan de negocio aprobado en decembro de 2012". A marxe de intereses reduciuse un 7,5%, ata os 359,5 millóns de euros, mentres que a marxe básica caeu un 11%, ata os 445,5 millóns.

As cifras coñécense cando fican menos de dous meses para que a entidade financeira fique en mans, ben dun banco español ‘sistémico’; ben dun fondo de investimento estranxeiro. O estado español, propietario do banco a través do FROB, deixou claro que non vai permitir unha entidade financeira independente


 

Comentarios