O máximo accionista de Greenalia faise co 25% do capital de Altri

O conselleiro delegado e primeiro accionista de Greenalia, Manuel García Pardo, acaba de facerse con 25% do capital de Greenfiber, a sociedade instrumental a través da cal o grupo portugués Altri promove unha fábrica de viscosa en Palas de Rei, na comarca da Ulloa.

Manuel García, conselleiro delegado de Greenalia e principal accionista, e José María Castellano, presidente da firma galega de renovábeis (Foto: Nós Diario).
photo_camera Manuel García, conselleiro delegado de Greenalia e principal accionista, e José María Castellano, presidente da firma galega de renovábeis (Foto: Nós Diario).

A incorporación de García Pardo a Greenfiber fíxose efectiva no outono do ano pasado, porén só agora se coñece o alcance da súa presenza no capital social desta pasteira, cuxa implantación e posta en marcha na Galiza depende da recepción de axudas públicas por unha contía mínima de 250 millóns de euros, con cargo aos fondos do programa Next Generation da UE.

Altri

A relación empresarial entre Altri e García Pardo procede de vello. Neste sentido, a matriz dos negocios de Altri e García Pardo atópanse no sector forestal, sendo o segundo provedor do primeiro desde hai moitos anos.

García Pardo

Nesta liña, sectores empresariais galegos viron a man García Pardo detrás da factoría de Palas de Rei, destacando as súas boas relacións co Goberno galego.

Tanto é así que do Consello de Administración de Greenalia fan parte dous ex conselleiros da Xunta da Galiza polo Partido Popular, Antonio Couceiro e mais Beatriz Mato

Comentarios