A luz sobe un 4,70% esta segunda feira, até os 180,57 euros/ MWh

A tarifa máxima da luz rexistrarase entre as 20 e as 21 horas, con 235 euros/ MWh, A luz encareceuse un 648,04% con respecto a hai xusto un ano.
O prezo da luz baixa a 226,21 euros o megawatt, pero será o sábado máis caro da historia. (Foto: EuropaPress).
photo_camera A luz encareceuse un 648,04% con respecto a hai xusto un ano. (Foto: EuropaPress).

A electricidade volve co seu camiño alcista, desta vez medrando un 4,70% con respecto a este domingo no mercado almacenista ('pool') para esta segunda feira.

O prezo, polo tanto, quedará en 180,57 euros por megawatt hora (MWh) cando estivo na anterior xornada a 172,47 euros/ MWh.

A tarifa máxima da luz rexistrarase entre as 20 e as 21 horas, con 235 euros/ MWh, mentres que o prezo mínimo rexistrarase entre as 12 e as 13 horas, con 145,64 euros/ MWh.

A luz encareceuse un 648,04% desde 2020

Co dato desta segunda feira, o prezo da luz continúa a súa escalada iniciada en agosto deste ano. Neste sentido, a luz encareceuse un 648,04% con respecto a hai xusto un ano, pois o 15 de novembro de 2020 o prezo da luz era de 24,14 euros/ MWh.

Os prezos do 'pool' repercuten directamente na tarifa regulada -o denominado  PVPC-, á que están acollidos case 11 millóns de consumidoras e consumidores no país.

Esta tarifa serve de referencia para os outros 17 millóns que teñen contratado a súa subministración no mercado libre.

Este encarecemento nos últimos meses no mercado eléctrico débese, principalmente, aos altos prezos do gas nos mercados e dos dereitos de emisión de dióxido de carbono (CO2), en máximos históricos este ano.

Comentarios