O prezo da luz segue a crecer: na terza feira chegará aos 700 euros/MWh, o máis caro da historia

Planta de procesamento en Alemaña. (Foto: Europa Press)
photo_camera Planta de procesamento en Alemaña. (Foto: Europa Press)

A crise derivada da ofensiva militar do exército ruso en solo ucraíno está a agravar aínda máis o encarecemento do prezo da electricidade, sostido no tempo desde o verán de 2021.

O prezo da luz volverá a subir na terza feira en 23,15%, polo que marcará o rexistro máis caro da súa historia con 544,98 megwatts/hora, debido á alza no prezo do gas natural. No tramo horario das 19 ás 20 horas ese prezo dispararase até os 700 euros o megawwatt/hora.

Nun só día, o prezo medio aumentará dos 442,54 euros desta segunda feira aos 544,98 euros da terza feira, segundo recolle Europa Press dos datos publicados polo Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE).

Os prezos do  pool' repercuten directamente na tarifa regulada -o denominado  PVPC-, á que están acollidos case 11 millóns de consumidores no Estado, e serven de referencia para os outros 17 millóns que teñen contratado a súa subministración no mercado libre.

Impacto da guerra en Ucraína

A situación de incerteza na que está sumido o mercado enerxético europeo. Especialmente no sector do gas, no que os contratos de futuros negociados da empresa holandesa TTF chegaron a cotizar durante algún momento da mañá da segunda feira a 345 euros/MWh.

Este aumento descontrolado dos precios estase a deixar notar noutros mercados maiorístas ademais do español, como os de Alemaña, Bélxica, Francia, Italia, Portugal e Reino Unido. Todos eles superaron a media dos 400 euros MW/h.

No que vai de marzo, o prezo medio do megawatt/hora nos mercados maioristas está case 130 euros por enriba do promedio de decembro de 2021. Mentres que no último mes do ano pasado a media situábase nos 239 euros de media, nestes sete días de marzo a media atópase xa nos 366.43 euros MW/h.

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.

comentarios