Lagarde recunca outros 5 anos á fronte do FMI ao non se presentar candidaturas alternativas

A directora xeral seguirá 5 anos máis na ponte de mando do Fondo. As dificultades das economías emerxentes eliminan as opcións de estados como Brasil ou Rusia.

Christine_Lagarde_FMI

Christine Lagarde seguirá 5 anos máis á fronte do Fondo Monetario Internacional (FMI), un novo mandato que a directora xeral obtén ao non se presentar candidaturas alternativas á súa no proceso de selección e ao recabar o apoio maioritario dos integrantes da institución. Se no 2011 as economías emerxentes fixeron palanca da súa solidez para forzar cambios e reformas na principal institución financeira mundial, neste 2016 esa forza xa non existe. As dificultades económicas que atravesan laminou as posíbeis aspiracións.

Lagarde, avogada e ex-ministra francesa, leva no cargo desde 2011, sendo a primeira muller en dirixir o FMI. Con este segundo mandato acumulará 10 anos á fronte da institución financeira. Os seus antecesores, Rodrigo Rato (2004-2007) e Straus-Khan (2007-2011).

Comentarios